Boletín informativo Inscripción Iniciar sesión
  • Inicio
  • Onde estamos?
  • Modalidades
    • Esgrima Deportiva
    • Esgrima para nenos
    • Esgrima histórica
    • Esgrima adaptada
  • Actividades
  • Integratlón
  • Novas
  • Competición
    • Federacións e campionatos
    • Galicia
    • Nacional
    • Próximas Competicións
    • Información, normas e regulamentos
    • Calendarios
  • Más
    Preguntas Frecuentes
    Competición Práctica da esgrima
    Aviso Legal

28/9/2025 I TNR Espada Feminina M20 Barajas

29. Sep. 2025, a las 20.31



O domingo 28/9/2025 disputouse a primeira competición nacional feminina de espada, que foi o I TNR M20 disputado en Barajas, Madrid.

Por parte de 100Tolos competiu Vera Pereiro, rematando nun moi bo posto 27, quedando a un tocado de acadar o pase a 16 tras unha emocionantísima remontada no terceiro asalto. Este resultado fai que Vera suba ó posto 6º do ránking M17, a súa categoría. Este resultado clasifica a Vera para formar parte do equipo nacional que competirá no vindeiro Circuito de Cadetes que se disputará en Budapest, acadando por segunda tempada consecutiva a súa clasificación para competición europea.

Este posto do ránking tamén da opción a Vera de acudir á concentración nacional PFCAR que se disputará no Centro de Alto Rendemento do Centro Superio de Deportes de Sant Cugat del Vallés, onde os principais tiradores por ránking de M17, M20 e M23 prepararán, durante unha semana, as primeiras competicións europeas.

Tivemos a sorte e o pracer de poder compartir competición coa tiradora Natalia Diez e o adestrador Xosé Piñeiro, de Compostela Esgrima, completando a participación galega nesta competición.

Toda a información da competición en Engarde
https://engarde-service.com/co...
Las últimas noticias Todos
22/11/2025 II Cadet Circuit Grenoble
A fin de semana do 22 de novembro disputouse en Grenoble o II torneo do Circuito de Cadetes europeu puntuable para o ranking interno nacional. Nesta ocasión 100Tolos estivo representado por Vera Pereiro, que acadou un gran posto 62 ...
22/11/2025 I TNR Espada M15
A fin de semana do 22 de novembro disputose en Madrid o I Torneo Nacional de Ranking de espada M15. Competiron entre os case 80 tiradores 6 dos nosos 100Tolos.Ángel Rivas, que ven de participar co equipo nacional no Circuito de Cade...
8/11/2025 Circuito Europeo de Cadetes Budapest
A fin de semana do 8 de novembro disputouse en Budapest o primeiro campionato do Cadet Circuit europeo puntuable para o ránking interno nacional. Entre os seleccionados españois contamos con 3 dos nosos tiradores, Ángel Rivas e Loi...


Otras páginas de SportMember
  • Gestion deportiva de SportMember