Interpretación folla de poules

En principiantes e en pais de tiradores, soe ser difícil interpretar a folla de poules cando, tras rematar esta primeira fase da competición, son publicados estos resultados, ben na web da aplicación engarde que se emprega de xeito case exclusivo en todas as competicións, tanto rexionais como nacionais ou internacionais, ou ben nunha folla impresa que se colga para a revisión por parte dos tiradores que dispoñen duns minutos para presentar calquera reclamación en caso de que os datos non sexan correctos.


Na fase de poules temos varios grupos de entre 5 e 7 tiradores habitualmente, e onde todos os tiradores tiran contra todos a 5 tocados. Para anotar os resultados, o árbitro de cada poule dispón dun cadro cos cruces. Este cadro segue unha orde específica, estando como primeira regra que os tiradores do mesmo clube, en caso de habelos, sempre tirarán entre eles nos primeiros asaltos. Unha poule de 5 tiradores terá o seguinte aspecto:


Se asignamos un número de 1 a 5 na orde na que aparecen listados, a matriz resultante indica o resultado dos asaltos entre cada tirador, onde os valores iguais (1,1),(2,2), etc. non teñen valores porque indicarían asaltos entre o mesmo tirador, o que non ocorre.

Os árbitros en cada asalto chaman a pista a dous tiradores e anuncian a outros dous que deben estar preparados para entrar cando ese asalto remate, e anotan o resultado na casilla correspondente ó cruce. Na captura anterior, podemos ver que SERRET gañou a BELLEVEGUE 5 a 3. SERRET é o tirador 2, e BELLEVEGUE o 3, polo que SERRET na casilla 3 ten unha V (victoria por 5 puntos), e BELLEVEGUE na casilla 2 ten un 3. Podemos ver que BAROTEAUX gañou todos os asaltos con 5 tocados (todo V), e que PLANTIER só gañou 1 asalto, contra o tirador 4, que é SCHAFER, que na posición 5 (PLANTIER) ten un 3, polo que ese asalto rematou 5-3 para PLANTIER. É posible que un asalto remate sen chegar a 5 puntos, e daquela veremos marcadores como V4 (victoria por 4 tocados ó rematar o tempo).


Puntuación


Ó rematar as poules, teremos todos os resultados, e o que veremos na aplicación ou no impreso que colgue a organización do torneo é a folla cuberta cos puntos e victorias e 3 datos adicionais que determinarán a posición de cada un:


V/M: Porcentaxe de victorias sobre o total de asaltos, que pode ir de 1 (todo victorias) a 0 (todo derrotas).

Indice: Diferencia entre os tocados datos e os tocados recibidos. Vemos no exemplo que PLANTIER perdeu todo con victorias rivais a 5 puntos (20 tocados recibidos), e que el fixo 2+2+1=5 tocados, o que da un diferencial de -15.

TD: Número de tocados dados.

Tamén podemos ver un resultado en cada poule que indica a posición do tirador exclusivamente nesa poule, que non ten implicacións directas na clasificación final.


Con todas as poules pechadas, e pasado o período de revisión que teñen os tiradores para reclamar potenciais erros, xérase a lista de clasificación de tiradores tendo en conta para todos os tiradores, independentemente das poules, a ordeación polos seguintes criterios:


1.- V/M ou victorias/total asaltos. Un tirador sen derrotas con puntuación 1.000, sempre estará por riba dun tirador cunha derrota que terá un valor inferior. Neste criterio de avaliación será común ter moitos tiradores cun mesmo valor, entre eles, aplícanse para ordear o seguinte valor.


2.- Indice ou tocados dados - tocados recibidos. Este criterio fainos ver a importancia de maximizar as diferencias nos resultados da tanda de poules, xa que cantos menos tocados reciba un tirador, mellor posición obterá co mesmo valor V/M que outros tiradores. Así, gañar 5-0 un asalto ten mais valor que facelo 5-4. Podemos dicir que na fase de pules non se trata só de gañar, senón de facelo coa máxima diferencia posible para estar no máis alto da clasificación.


3.- Tocados dados. Se tras aplicar os criterios 1 e 2 dous ou mais tiradores están empatados, establécese a orde tendo en conta a cantidade de tocados dados, estando mais arriba aquel que acadase máis tocados na suma total da poule.


4.- Ranking. Se tras os 3 criterios anteriores continúan empatados dous ou mais tiradores, a orde é establecida pola posición no ranking correspondente á competición.