Para ofrecer os seus servizos, 100Tolos recolle información catalogada como Privada, cos seguintes obxectivos:
- Identificación de socios.
- Cobro de cuotas.
- Comunicación de información sobre o funcionamento do clube é as actividades que este organiza ou nas que participa.
- Xestión dos equipos e a pertenza a estes de cada socio.
- Divulgación (prensa, redes sociais) de actividades nas que 100Tolos e os seus socios participan.
- Xestion de trámites coas diferentes Administracións e Federacións deportivas involucradas nas actividades de 100Tolos.
100Tolos é o Reponsable do Tratamento de Datos. A información que 100Tolos xestiona é proporcionada polos socios adultos ou polos pais ou titores legais dos socios menores de idade, e inclúen nome, apelidos, dirección, data de nacemento e datos bancarios. Tamén se poden recopilar imaxes e videos de socios obtidos durante as actividades nas que 100Tolos participa, como por exemplo, competicións. Este contido audiovisual pode ser obtido mediante múltiples vías: persoal do clube, socios, prensa, terceiros involucrados nas mesmas actividades (por exemplo, personal doutros clubes ou federacións), etc.
100Tolos comunica a información da que é responsable a Holdsport.dk ApS, que actúa como Procesador de Datos. 100Tolos ofrece servizos web e móbil a través da aplicación Sportmember desenvolvida por Holdsport.dk ApS. Existe un Acordo de Procesamento de Datos entre 100Tolos e Holdsport.dk ApS para garantir o cumprimento da GDPR. Este acordo garante que toda a información será almacenada en servidores loclizados na Unión Europea, non podendo enviar estes datos fóra da UE sen consentimento previo por parte de 100Tolos. Holdsport.dk ApS comprométese tamén a implantar todas as medidas de seguridade precisas para a protección desta información.
Pode consultarse a política de privacidade de Holdsport.dk ApS, que afecta á xestión de información recollida nesta web e na aplicación Sportmember, neste enlace. Esta páxina web está creada coas ferramentas propias da aplicación Sportmember, e aplican as políticas de cookies especificadas en dita política de privacidade de HoldSport.dk.
100Tolos tamén pode comunicar información privada a través das súas redes sociais (Instagram, TikTok, Facebook, X), mediante a publicación de fotografías e vídeos das actividades nas que participa, con información (nome, apelidos e etiquetado en caso de dispoñer de conta na rede social correspondente) dos socios involucrados na mesma. Estas redes sociais actúan tamén como Procesadores de Datos.
100Tolos reterá a información durante o tempo de duración da condición de socio. A baixa como socio implicará a eliminación dos datos que 100Tolos manteña, coa excepción da información publicada nas redes sociais que, polo seu carácter público e promocional, non serán eliminadas salvo petición expresa do usuario.
Non ten carácter de Información Privada toda aquela información derivada das actividades deportivas, como resultados en competicións, posicións en ránkings, elexibilidade para representación galega ou española e todoa información similar que poida ser asociada a resultados e información meramente deportiva e non confidencial.
Como Usuario do noso Sitio Web e dos produtos ou servizos do Titular, se entende que o tratamento dos seus datos persoais non é acorde coa normativa vixente, ou ben quere exercitar algún dos dereitos recoñecidos pola lexislación (acceso, rectificación, supresión -dereito ó olvido-, limitación do tratamento, portabilidade, oposición e dereito a non ser obxecto de decisións individualizadas), pode contactar connosco a través do correo electrónico dirixíndose a 100tolos@gmail.com. Para exercitar os seus dereitos, deberá acompañar coa solicitude o seu NIF ou un documento equivalente (NIE/Pasaporte) que permita acreditar a súa identidade. O exercicio destos dereitos é grauito. Nembargantes, pode presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.
100Tolos comprométese a notificar ós seus socios en caso de detección dunha brecha de seguridade que poida implicar divulgación dalgún dos datos privados xestionados polo clube. Esta comunicación será feita nun máximo de 72h dende o seu coñecemento.